A TRACCIÓN ANIMAL NA XESTIÓN AGROFORESTAL SUSTENTABLE

LOBIOS, novembro 2017

Nos últimos anos, ten gañado a tracción animal un papel importante como alternativa complementar á tracción motorizada, co aumento do uso de tal tecnoloxía en pequenas e medias explotacións agrícolas (horticultura, viña, xestión forestal) nos países máis desenvolvidos da Europa como Francia, Alemaña, Reino Unido, Suecia ou Suíza entre outros, onde se comprobou a súa viabilidade económica, aliada a un menor impacto sobre o medio.
Obsérvase un crecente e renovado interese polo uso da tracción animal como unha fonte válida de enerxía. A necesidade de preservar a agrobiodiversidade, de reducir as emisións de carbono, de estimular a autosuficiencia e reducir o consumo de recursos non renovábeis, contribuiu tamén para esta tendencia.
Na Baixa Limia, onde a utilización da tracción animal foi unha realidade constante ata hai pouco, e onde existen ainda pequenos produtores que continúan a recorrer a esta tecnoloxía, A Asociación Galega de Tracción Animal - Á Molida, ven por este medio propor a realización dunhas xornadas de formación, adicadas á xestión agroforestal sustentable.
Preténdese dotar aos formandos de información adecuada que permita recoñecer na tracción animal unha solución moderna, de menor impacto e economicamente viable, competitiva e sustentable, como complemento ou mesmo en alternativa aos modelos convencionais normalmente utilizados.
Nesta primeira edición para a Baixa Lima e Serra do Xurés, vémonos na obriga de dar especial destaque a modelos alternativos na xestión forestal trala catastrófica situación vivida na nosa comarca e en todo o noroeste peninsular. É por isto que adicaremos unha xornada enteira aos usos da tracción animal na floresta.

Localización:
Sede do Parque Natural do Xurés - Lobios

Programa:

Venres día 10:

Sábado día 11:

Domingo día 12:

Breve Curriculum vitae dos formadores

Alfred Ferris Garcia
Agricultor ecológico adicado ao traballo con animais (principalmente éguas e cabalos) dende hai 27 anos.
Traballa actualmente como autónomo, realizando traballo para terceiros, principalmente na área da viticultura.
Valenciano de orixe, con formación tradicional hortícola valenciana e autodidacta, vive a traballa actualmente nunha explotación ecológica na rexión da Sierra del Segura en Albacete.
Colabora regularmente como formador con escolas agrícolas, outras instituicións de ensino profisional e superior e ONGs, en cursos de formación, palestras e demostracións sobre o uso moderno de tracción animal ao nível agro-forestal. Ɂ tamén organizador de cursos avanzados de especialización na área da tracción animal, levados a cabo na propriedade que vive e traballa, principalmente durante o período do vrao.
Ɂ acreditado como formador en tracción animal polo Lycée Agricole de Montmorillon (Francia), inserido no programa de formación e calidade Equus-Gaia.

José Castro
Natural de Viana do Castelo, José Castro é Enxeñeiro Forestal (UTAD, 1988) e Arquiteto Paisaxista (Universidade do Porto, 2012). Ɂ Mestre en Ordenamento Rural (Centre International de Hautes Ɂtudes Agronomiques Méditerranéennes, 1996) e en Arquitectura Paisaxista (Universidade do Porto, 2012) e Doutor en Ciéncias Ambientais (Universidad de Alcalá, 2005).
Depois do seu paso pola industria - SONAE, CELPA - é atualmente Profesor Adxunto na Escola Superior Agrária do Instituto Politécnico de Bragança (Departamento de Ambiente e Recursos Naturais), impartindo áreas tais como os Sistemas de Información Xeográfica, Ecoloxía da Paisaxe, Planeamento do Território e Turismo e Recreio da Natureza, tanto a nível de licenciatura como de mestrado.
Ɂ atualmente membro do Conselho de Acreditação e Qualificação da Ordem do Engenheiros, tendo sido anteriormente vogal do Colégio Nacional e Coordenador do Colégio Regional do Norte de Engenharia Florestal. Ɂ membro fundador a Associação Portuguesa e Tracção Animal, membro da Sociedade Portuguesa de Ecologia, da Sociedade Portuguesa de Cié‚ncias Florestais e da Associação Portuguesa de Ecologia da Paisagem, a cal presidiu entre 2005 e 2008.
Publicou 6 artigos en revistas especializadas, 5 capítulos de libros e 2 libros, tendo participato con 64 colaboradores en coautorías de traballos científicos. Participou tamén en proxetos nacionais e internacionais de investigación e transferencia de tecnoloxía, e orientou e avaliou várias teses de Doutoramento e Mestrado.
Actualmente integra o Consello Editorial das revistas Silva Lusitana (Instituto Nacional de Recursos Biológicos, I.P./I.N.I.A.) e Problemy Ekologii Krajobrazu (Polska Asocjacja Ekologii Krajobrazu).
A súa Área de especialización é a ecoloxía e a xestión productiva e social da paisaxe, nomeadamente forestal e silvopastoril.

Joaõ Brandaõ Rodrigues
Natural de Paredes de Coura, Joaõ B. Rodrigues, é licenciado en Medicina Veterinária pola Universidade de Trás-os- Montes e Alto Douro (2007), sendo especialista em "Odontología y Cirúgia Maxilofacial Veterinarias" pola Universidade Complutense de Madrid (2011) e Doutorado en Ciéncias Veterinárias pola Universidade de Trás-os- Montes e Alto Douro (2013).
Como profisional, adicouse dende sempre aos equinos de traballo, principalmente aos asnos, participando regularmente em proxectos internacionais directamente relacionados ca saúde e benestar dos equinos de traballo, tanto como consultor externo para as cuestións de saúde e benestar, como instructor na súa área de especialización.
Participa de forma regular en encontros científicos nacionais e internacionais como orador, sendo tamén autor de diversas publicacións científicas.
Actualmente é Profesor Auxiliar na Faculdade de Medicina Veterinária da Universidade Trás-os- Montes e Alto Douro (UTAD).
Ɂ membro fundador a Associação Portuguesa e Tração Animal, asumindo actualmente as funcións de Presidente, onde ten organizado de forma regular actividades de promoción e formación da tracción animal.

Jesús de Gabriel Perez
Natural de Toro (Zamora), Jesús de Gabriel Perez licenciouse en Medicina Veterinária pola Universidade de Córdoba, téndose adicado dende entón ao traballo con grandes animais.
Asume dende hai 16 anos un papel activo na ASZAL - Asociación Nacional de Criadores de la Raza Asnal Zamorano-Leonesa, onde traballa como médico veterinario especialista en burros, tendo xa asumido o cargo de Presidente, sendo actualmente o Secretário técnico e o Director técnico do libro xenealóxico do Asno Zamorano-Leonés.
Colabora regularmente como formador en cursos e obradoiros enfocados na saúde e benestar de equinos, dirixidos a alunos e profisionais na área da medicina veterinária pero tamén a criadores e propietarios de burros.
Nos últimos anos tense adicado tamén a afondar os seus coñecimentos en etoloxía e na doma natural de equinos, sendo formador nesta área en vários cursos a nível ibérico.
Criador de várias razas autóctonas é hoxe un dos máis importantes criadores de Burro Zamorano-Leonés, sendo tamén agricultor ecolóxico de cultivos herbáceos.

Entidade promotora:
Asociación Galega de Tracción Animal - Á Molida A Asociación Galega de Tracción Animal - Á Molida, como entidade de carácter educativo, técnico e científico, ten como principais obxetivos investigar, salvaguardar e dar a coñecer o património relativo ဠtracción animal, en todas as súas vertentes, así como promover, valorizar e divulgar novas formas de uso, nunha perspectiva moderna e actual, incorporando e adaptando novos coñecimentos.
Constitúe, igualmente, obxetivo esencial, o fomento de modelos de desenvolvimento sustentábeis ca promoción de prácticas culturais compatíbeis ca conservación da agrobiodiversidade, a conservación do solo, así como a inclusión do conceito de tracción animal moderna nunha estratexia lóxica de desenvolvimento rural.
Para a realización dos seus obxetivos, é competencia de Á Molida, promover e apoiar a realización de estudos científicos, cursos, congresos, conferéncias e outras actividades afins, formacións de ámbito académico e profisional, reunións de traballo, exposicións e publicacións. Adicionalmente, desenvolver e intensificar relacións de cooperación entre indivíduos e entidades nacionais e internacionais cun interés comum, promovendo o intercámbio de coñecimento e experiéncias, así como informar e sensibilizar á comunidade científica e a opinión pública, promovendo a súa aproximación aos obxectivos da asociación.

Contacto:

correo:amolida.agatran@gmail.com
tlf: 696532995